Servizos forestais

Desbroces: actuación sobre a vexetación preexistente da zona, que trata de retraer a competencia que esta vexetación poida realizar sobre as plantas. Segundo as características do terreo e da vexetación teremos diferentes formas de desbroce.

  • Desbroce manual: efectuase unha eliminación da parte aérea da matogueira con ferramentas manuais de corte ou máquinas portátiles. Recomendado para matogueiras de consistencia herbácea, en zonas de alta pedregosidade, de fortes pendentes, con distribución irregular do arborado ou unha alta densidade.
  • Desbroce mecanizado: igual que no desbroce manual realízase unha eliminación da parte aérea da matogueira pero con maquinaria específica (tractor e apeiros). Utilízase en zonas de pouca pedregosidade, con pendentes medias ou baixas, cunha distribución do arborado regular ou unha espesura adecuada. Dependendo da zona a intervir pódense usar diferentes tipos de apeiros:
  • Desbrozadora arrastrada de cadeas: o apeiro sitúase na parte traseira do tractor. Está composta por un eixe de xiro vertical, que fai xirar as cadeas que son as que trituran a matogueira. Utilízase en terreos con matogueira alta de consistencia normalmente herbácea.
  • Desbrozadora arrastrada de martelos: igual có apeiro anterior montase na parte traseira do tractor. Leva un eixe horizontal ao redor do cal van montados os martelos. Realiza unha labor máis intensa, triturando elementos de maior diámetro como; leñas, matogueiras grosas e restos de corta.
  • Desbrozadora de brazo: ten un funcionamento hidráulico accionado pola toma de forza do tractor. É unha ferramenta adecuada para a limpeza de herbas e maleza, en cunetas. marxes de estradas, pistas, camiños forestais, bordes de canles, taludes, etc.
  • Desbroce químico: mediante a aplicación de productos químicos elimínase a parte aérea da planta, penetrando nas raíces da mesma, de maneira que as mata impedindo o seu rebrote.

Tratamentos fitosanitarios: control de enfermidades e pragas forestais mediante tratamentos físicos ou químicos.


Onde estamos

Baladas, 1 Loc. 2 - SAN ANTONIÑO - 36191 Barro (PONTEVEDRA)

Telefóno / Fax » 986 711 275

Telefóno » 609 456 806

EMDESFOR © 2012 | Optimizada para Mozilla Firefox