Servizos forestais

Repoboacións forestais: ten por obxecto a instauración dunha masa arbórea con fins productivos, ambientais ou sociais. Está dividida en tres fases; tratamento da vexetación preexistente (por roza, laboreo ou químico), preparación do terreo (manual ou mecánica) e implantación forestal (sementeira, planta a raíz espida ou en envase).

Podas: trata de eliminar as ramas inferiores do fuste evitando así a formación de nós na madeira, producindo un fuste de calidade con maior valor comercial da madeira para serra ou desenrolo. Dependendo da idade á que se realice podemos ter diferentes podas:

  • Poda de formación: realízase en frondosas nos primeiros anos da plantación e busca formar un fuste dereito e vertical realizando unha eliminación de bifurcacións da guía terminal e de outras ramas que poden competir coa mesma.
  • Poda baixa: facilita o acceso á plantación, reduce o risco de lumes e produce un fuste inicial libre de nós.
  • Poda alta: realízase a poda ata unha altura máxima de 6 metros e só nos mellores pés, obténdose unha troza basal de alto valor comercial.

Claras: busca unha regulación da espesura da masa arbórea, eliminando pes sobrantes e chegando a unha densidade óptima para o desenvolvemento das árbores. Pódense realizar polo alto ou polo baixo, dependendo do tipo e do volume de madeira que se vaia a extraer.

Talas: extracción de parte ou da totalidade da madeira existente na masa arborada. Pódese realizar de forma manual ou mecánica.

Desbroces, podas e talas de liñas eléctricas: extracción de parte ou da totalidade da vexetación existente e masa arborada que poída interferir, danar ou provocar incendios debaixo las liñas eléctricas. Pódese realizar de xeito manual ou mecánico.


Máis Servizos Forestais

Onde estamos

Baladas, 1 Loc. 2 - SAN ANTONIÑO - 36191 Barro (PONTEVEDRA)

Telefóno / Fax » 986 711 275

Telefóno » 609 456 806

EMDESFOR © 2012 | Optimizada para Mozilla Firefox