Servizos técnicos e administrativos

Proxectos de ordenación forestais: realizamos dende proxectos de ordenación de montes, espazos naturais, piscícolas e cinexéticos, aproveitamentos forestais ou silvopastorais, ata estudios de impacto ambiental, xardinería e paisaxismo, etc.

Prevención de incendios: deseño e construcción de instalacións contra incendios (puntos de auga, cortalumes, zonas de protección), redacción de plans contra incendios e valoración de danos por incendios forestais.

Reforestación e tratamentos silvícolas: proxectos de repoboacións forestais, reforestacións de terras agrarias, cultivos forestais ou tratamentos silvícolas.

Cubicacións: redacción de plans de cortas, realización de inventarios, cubicacións e valoracións forestais.

Topografía: medicións e levantamentos topográficos, deslindes e replanteo de obras.

Tramitación de axudas: xestión de subvencións e axudas das administracións públicas, tanto a comunidades de montes como a propietarios privados.

Dirección de obras.

Xestión de comunidades de montes: asesoría tanto técnica como administrativa de comunidades de montes.




Onde estamos

Baladas, 1 Loc. 2 - SAN ANTONIÑO - 36191 Barro (PONTEVEDRA)

Telefóno / Fax » 986 711 275

Telefóno » 609 456 806

EMDESFOR © 2012 | Optimizada para Mozilla Firefox