Emdesfor 2002 S.L.

EMDESFOR nace en 1996, como resposta á demanda e diversidade de traballos forestais e medio ambientais existentes. Constitúese en sociedade no ano 2002.

Para a execución destes traballos, dispoñemos dun equipo técnico e humano especializado e de maquinaria de última xeración, así como de modernos sistemas informáticos e tecnolóxicos para a execución de diversas tarefas nos distintos proxectos levados a cabo.

Dende o comezo de nosa andadura realizamos gran variedade de obras, así como asesoramento técnico e administrativo de comunidades de montes e outros propietarios.

Promovemos e participamos en numerosos eventos relacionados co sector e patrocinamos diversas asociacións de divulgación cultural en distintos ámbitos sociais, na súa maior parte por Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.

EMDESFOR loitou dende o seu comezo pola dignificación do traballo neste sector, tanto en medidas de seguridade como nas relacións laborais, conseguindo así un alto grado de estabilidade laboral, co cal acadamos unha boa calidade na execución das nosas obras, respectando e coidando o medio ambiente.

Onde estamos

Baladas, 1 Loc. 2 - SAN ANTONIÑO - 36191 Barro (PONTEVEDRA)

Telefóno / Fax » 986 711 275

Telefóno » 609 456 806

EMDESFOR © 2012 | Optimizada para Mozilla Firefox